Forestal

Medio Rural proxecta crear unha Mesa da Castaña

A conselleira reunise con responsables da Indicación Xeográfica Protexida para abordar a posta en marcha dun foro de debate que contribúa a ordear e impulsar o cultivo

Campo Galego 10/06/2016 7:37 p.m.

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo un encontro co presidente da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Castaña de Galicia, Jesús Quintá, e con outros responsables da IXP, para abordar a creación en Galicia dunha Mesa da Castaña.

A idea é que a Mesa se constitúa como un foro de debate e participación do sector, coa participación da Administración, para impulsar cuestións como a ordenación do cultivo ou a mellora das medidas de promoción e apoio á comercialización.

O encontro serviu tamén para que o sector revisase ás perspectivas sobre o Centro de Referencia da Castaña. Desde a Xunta pediuselle ó Ministerio de Agricultura que este centro se ubicase en Galicia, dado que a comunidade é a principal produtora de castaña a nivel estatal, pero aínda non hai maiores concrecións ó respecto.

Etiquetado
Ir a la portada