Carne

Medio Rural presenta unhas axudas ao sector cunícula que os produtores consideran insuficientes

Belén do Campo reuniuse este mércores con produtores de coello. Ofreceulles axudas para a moratoria de préstamos e a estudar un incremento da axuda por retirada de cadáveres. Os produtores demanda axudas de mínimis e para a mellora xenética

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/03/2016 12:46 a.m.

A directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse este mércores en Santiago con gandeiros do sector cunícola, acompañados por un representante de Unións Agrarias.

Nesta reunión, a directora informoulles das xestións realizadas desde o último encontro con este colectivo. Así, faloulles das axudas á moratoria dos préstamos que as explotacións do sector cunícola teñan contratados con entidades financeiras, vinculados coa mellora de explotacións e incorporación das persoas novas á actividade agraria. A axuda consiste no pago do importe dos intereses que correspondan ata dous anos de carencia na amortización destes préstamos.

Por outra banda, Belén do Campo comprometeuse a estudar o incremento da porcentaxe de axuda que achega a Consellería para a retirada de cadáveres neste sector, dado o incremento do custo que se deu nestes últimos anos, por encima da medida do resto de sectores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os produtores consideran insuficientes as axudas

Por parte dos produtores, “recoñécese e agradece o esforzo por parte da Consellería, pero non podemos máis que queixarnos e reiterar que estas medidas son insuficientes”, asegura María Antonia, unha produtora presente a reunión.

En concreto, os produtores botan en falta axudas de mínimis “que supoñen unha axuda necesaria nestes momentos porque o que falta nas granxas é liquidez para facer fronte aos pagos do penso, principalmente”.  Neste sentido, María Antonia lembra que “Navarra, País Vasco, Cantabria están a facer un esforzo e dando as axudas de mínimis”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tamén pediron un esforzo á Consellería para subvencionar a recollida de cadáveres, “que noutras comunidades, como Cantabria, esta subvencionado ao 100% ou en Cataluña a bonificación subiu un 5%”.

Outra das demandas que lle trasladaron á directora xeral de Gandería foi a necesidade de implantar algunha forma de axuda na liña de renovar xenética nas granxas, “pois a base de diminuír os gastos descoidamos a renovación e investimento en renovar a xenética e mellorala”, segundo recoñece María Antonia.

Por último, pediron á Consellería do Medio Rural que poñan en marcha campañas de promoción da carne de coello.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada