Desenvolvemento rural

Medio Rural destina máis de 3 millóns de euros en axudas ó grupo Coren

A sociedade ourensá é a principal beneficiaria das axudas para instalacións en réxime asociativo. Cogal recibe 520.000 euros e a Gandería Pazos outro tanto

Campo Galego 10/02/2020 9:26 a.m.

A Consellería do Medio Rural vén de resolver as axudas para instalacións e equipamentos en común en réxime asociativo, uns apoios cofinanciados con fondos europeos. En total, a Xunta consignou 5 millóns de euros, dos que dúas terceiras partes van parar ó grupo Coren. En concreto, a cooperativa A Ponte, filial do grupo ourensá, recibe 1,7 millóns, en tanto a sociedade cooperativa Unimiño 1,6. Son en total 3’3 millóns de euros ós que van a parar a Coren.

A lista de beneficiarios complétase con outras cinco sociedades. As seguintes en apoios son a Gandería Pazos (Dumbría, A Coruña), con 529.000 euros e Cogal (Rodeiro, Pontevedra), con 528.000. Aira recibe 263.000, a Cooperativa Agraria Provincial 250.000 e Cusoviame 97.000.

Etiquetado
Ir a la portada