Desenvolvemento rural

Medio Rural destina 200.000 euros a financiar a formación de asesores no agro

A Universidade de Santiago impartirá un total de 44 cursos ata o ano 2020

Campo Galego 06/03/2018 7:55 p.m.

A Xunta decidiu participar por primeira vez no financiamento de cursos de formación de asesores agrarios. As actividades de formación, que se iniciaron hoxe en Lugo e se prolongarán ata o ano 2020, constan dun total de 44 cursos. A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, que inaugurou hoxe os cursos, destacou que un mellor asesoramento contribuirá a reforzar a competitividade das explotacións agrogandeiras.

Vázquez incidiu en que de cara ó futuro, o asesoramento non estará só no eido agronómico e gandeiro, senón que terá que abranguer tamén outros ámbitos coma o sociolaboral e o medioambiental. “A formación continúa e a axeitada comunicación coas explotacións constitúe unha peza clave para o desenvolvemento da nosa industria agroalimentaria”, sinalou.

Os cursos de asesoramento están impartidos baixo o estándar europeo de certificación Cecra (Certificado de Consultores en Áreas Locais), un modelo que se centra na mellora das capacidades persoais, metodolóxicas e de comunicación dos asesores rurais. O fin último é fomentar a modernización, rendibilidade e sustentabilidade das explotacións agropecuarias.

Etiquetado
Ir a la portada