Desenvolvemento rural

Medio Rural abre unha convocatoria de iniciativas para optar ós fondos de recuperación pola Covid

A Consellería márcase o obxectivo de poñer en produción 18.000 hectáreas de terra agraria abandonada e de desenvolver 200 aldeas modelo

Campo Galego 25/03/2021 9:13 a.m.

A Xunta vén de abrir unha convocatoria para que pequenas e medianas empresas do agro e do sector agroalimentario manifesten o seu interese en optar ós fondos do Plan de Recuperación pola Covid, que está a deseñar o Goberno central. O obxectivo da convocatoria é identificar a entidades interesadas en participar nos proxectos cos que a Consellería do Medio Rural proxecta captar fondos do Plan de Recuperación.

A Consellería indica que os seus obxectivos se centran en dúas grandes liñas, a posta en produción de 18.000 hectáreas de terra agraria abandonada e o desenvolvemento de 200 aldeas modelo. Desde a Xunta sinálase que ademais búscase identificar iniciativas que persigan o desenvolvemento do emprendemento no rural galego, así como a mellora das explotacións agrarias para reforzar a súa sostibilidade ou o impulso á bioeconomía.

Por último, incídese en que os fondos de recuperación buscan promover a transición enerxética, utilizar novos modelos de negocio agroalimentario adaptados á economía verde e á transición ecolóxica, así como aumentar a produción orientada a produtos baixo selos de calidade diferenciada.

Os interesados en presentar iniciativas ligadas a estas cuestións poden enviar os seus proxectos ata o 16 de abril ó correo electrónico proxectos.medio-rural@xunta.gal.

A documentación relacionada coa manifestación de interese de proxectos autonómicos pode atoparse nesta web.

[box style="0"]

Máis información

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada