Viña

Medidas fronte á Flavescencia Dourada da vide

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros reuniuse con viticultores e demais interesados sobre as medidas dentro da zona demarcada de 2,5 km coa fronteira con Portugal

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 09/02/2023 9:48 a.m.

[caption id="attachment_192036" align="aligncenter" width="660"] Xuntanza de Balseiros con produtores no Rosal[/caption]

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, reuniuse este mércores con viticultores e demais interesados en Arbo e O Rosal para informalos das medidas de apoio que adopta a Xunta para facer fronte á Flavescencia Dourada da vide.

Provocada polo organismo Grapevineflavescencedo réephytoplasma e transmitido por un insecto vector (Scaphoideustitanus), detectouse a súa presenza en plantas illadas nos concellos de Arbo, Crecente e As Neves. Todos eles forman parte da zona demarcada de Flavescencia Dourada de 2,5 quilómetros con respecto á fronteira con Portugal, onde se detectara a doenza con anterioridade. Con todo, a zona demarcada onde se adoptan medidas en Galicia esténdese tamén a parcelas da Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui e Tomiño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A zona demarcada onde se adoptan medidas en Galicia esténdese a Arbo, O Rosal e a parcelas da Cañiza, Salvaterra de Miño, Salceda de Caselas, Tui e Tomiño

Así, recordouse que dentro da zona demarcada os titulares das parcelas nas que se detecte a presenza de plantas infestadas ou insectos vectores das enfermidades deberán aplicar o antes posible un tratamento insecticida autorizado a todas as plantas. As plantas infestadas deberán ser arrincadas e destruídas baixo control oficial o antes posible. O máis recomendable é que esta destrución se realice in situ. Se non é posible, deberá realizarse nun rodal próximo, por incineración ou por algún outro método autorizado.

 As plantas infestadas deberán ser arrincadas e destruídas, unha medida que deberá estenderse á totalidade da parcela cando teña máis dun 20% de prantas sintomáticas

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, no caso de que a parcela afectada teña máis dun 20% de plantas sintomáticas, deberán arrincarse e destruírse todas as plantas da parcela no caso de que as plantas afectadas non estean agrupadas. Acontece o mesmo no caso de zonas abandonadas.

Medidas nos viveiros

No relativo aos viveiros e outros operadores profesionais dentro das zonas infestadas, terán que inmobilizar de xeito cautelar o material de vide (Vitis spp.) ata a súa inspección oficial. A maiores, deberán aplicar un tratamento insecticida autorizado e destruír todos os lotes infectados seguindo un procedemento específico. No caso de ter plantas ou lotes sospeitosos de portar a enfermidade pero que non detecten síntomas tamén deberán ser eliminadas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así mesmo, tamén cómpre arrincar e destruír todas as plantacións abandonadas das zonas demarcadas, así como eliminar as plantas silvestres do xénero Vitis spp. e aquelas que poidan ser portadoras da enfermidade, entre outras medidas preventivas.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada