Carne

Media de 2600 euros na poxa de Rubia Galega na Fonsagrada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/05/2023 12:26 a.m.

O mercado gandeiro da Fonsagrada volveu celebrar este sábado unha poxa de xovencas preñadas de Acruga, cun prezo medio de case 2.600 euros.

As catro xovencas preñadas, procedentes do centro de recría da granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo, vendéronse a outros tantos gandeiros do Corgo, Castroverde e dous da Fonsagrada. Os dous primeiros exemplares son os que alcanzaron unha maior cotización, con 2.900 e 2.950 euros, mentres que as outras dúas xovencas vendéronse por 2.200 e 2.300 euros.

A actividade de Acruga continuará na Semana Verde de Silleda, entre o 9 e o 11 de xuño, para o día 16 celebrar a gran cita da Raza Rubia Galega, co concurso, a exposición e a poxa, todos eles de carácter nacional, na feira de Adai, no Corgo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada