Leite

Media de 2019 euros por animal na poxa de gando frisón de Chantada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/03/2022 4:37 p.m.

[video width="848" height="480" mp4="https://www.campogalego.gal/wp-content/uploads/2022/03/poxa-chantada-africor-lugo-2022.mp4"][/video]

Este sábado celebrouse en Chantada (Lugo) a tradicional poxa de gando frisón, organizada por AFRICOR Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa AIRA. Finalmente vendéronse 15 dos 17 animais -primerizas e xovencas preñadas- que se presentaron, a un prezo medio de 2.019 euros.

O prezo máximo foi de 2.400 euros, alcanzado por tres animais: Rego Donsimon Donna, da gandaría Rego; Marey Horizon Joaquina, da gandaría Marey Castro, e SC Toxeiro Ginger Victorina, da gandaría Toxeiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Coa colaboración de Xenética Fontao, os compradores recibiron tres dose de Airas e tres de Caramelo por cada animal adquirido na poxa.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada