Este sábado celebrouse no Recinto Feiral de Santa Comba a Poxa de Gando Frisón, organizada por Africor Coruña en colaboración con concello.
Participaron 12 animais procedentes de ganderías da comarca e arredores, sendo 11 primeirizas e 1 xovenca preñada. Todos os animais foron vendidos, cun prezo medio de 2.596 euros. Os prezos mais altos corresponderon a Cundins Carolina Atwood, O Chuco S.C. Sahndy Amsterdam e Tendeiro Delete Basilea, todas elas vendidas en 3.000 €.
Dende Africor Coruña salientan que “a subasta presentouse dinámica con momentos moi emocionantes protagonizados polos puxadores”. Ao remate celebrouse a degustación dun tenreiro frisón á brasa
Velaquí os resultados completos: