Carne

Media de 2.100 euros na poxa de Acruga en Becerreá

Loading ad.
Ad could not be loaded.
20/03/2017 7:58 a.m.

O mercado gandeiro de Becerreá acolleu este domingo pola mañá a primeira poxa de Acruga deste 2017, unha poxa que finalizou coa adxudicación das seis xovencas presentadas e cun prezo medio de 2.100 euros. As seis xovencas preñadas chegaban procedentes do centro de recría da Granxa Gayoso Castro, dependente da Deputación de Lugo.

Desde a Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega destacan os “moi bos resultados para esta primeira poxa do ano que estivo moi concorrida e con subastas moi animadas”. De feito, preto de vinte gandeiros procedentes de varios municipios da provincia de Lugo sacaron o seu correspondente cartón para poder poxar por algunha das xovencas preñadas presentadas. Finalmente, dous gandeiros con explotacións nos municipios de Ribadeo e Carballedo levaron catro e dúas xovencas, respectivamente, nunha poxa na que unha becerra de 28 meses de idade e cunha preñez de 3,5 meses logrou a máxima cotización da mañá, alcanzando os 2.300 euros.

Como é habitual, os gandeiros que adquiriron algún dos animais, obtiveron unha axuda de 200 euros á compra, grazas á achega de Caixa Rural.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Entre o público asistente estiveron presentes o presidente da Deputación, Darío Campos; o vicepresidente e alcalde de Becerreá, Manuel Martínez, ademais de varios alcaldes da provincia e a deputada parlamentaria do PPdG e membro da Comisión de Agricultura no Parlamento de Galicia, Encarna Amigo.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada