Leite

Media de 2.084 euros na poxa de gando frisón de Chantada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
11/03/2018 10:34 a.m.

Os 19 animais de raza frisona que se presentaron este sábado á poxa de Chantada acadaron un prezo medio de 2.084 euros, no mesmo nivel que o do ano pasado nesta feira.

A subasta, organizada por Africor Lugo, o Concello de Chantada e a cooperativa Aira, acadou un volume de vendas de 39.600€, e seguiuse a tendencia dos últimos anos, onde as primeirizas teñen preferencia, tanto na oferta como na demanda, sobre as xovencas próximas ao parto. Así, o prezo medio das primeirizas foi de 2.113 €, mentres que o das xovencas foi de 1.975€.

Das vacas, a que acadou o prezo máis alto foi Vila Torrel Lana, presentada pola gandería Vila, de Nadela, Lugo, unha filla de Torrel, parida de xaneiro, da familia da Bos James Lana, que chegou aos 2.650€. Foi comprada pola gandería Pena Guisande SC, de O Páramo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Igualmente foi unha Torrel a xovenca de maior prezo, 2.550 €, neste caso da gandería MAREY CASTRO, de Pol, preñada de Supertoro, con nai MB 85, con máis de 85.000 quilos de leite en sete partos.

Dende Africor Lugo salientan que “foi unha poxa moi concorrida, con compradores de Lugo e Pontevedra, desenvolvida nun ambiente de festa, como é a Feira do Viño de Chantada”.

A seguinte poxa celebrarase na Moexmu, en Muimenta, o 7 de abril.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada