Carne

Media de 1.940 euros por animal na poxa de ACRUGA na Fonsagrada

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/09/2019 5:14 p.m.

A Asociación de Criadores de Raza Rubia Galega (Acruga) abriu hoxe con éxito a súa tempada de poxas, con pleno de adxudicacións na poxa da Fonsagrada, celebrada esta mañá no mercado gandeiro, ante numeroso público.

O bo tempo, a coincidencia coas festas e o feito de ser a primeira poxa da tempada repercutiu no bo resultado desta poxa na que se venderon o cinco xovencas preñadas a prezos por riba dos 1.800 euros, fixados para a saída.

A primeira das touras adxudicouse por 1.900 euros; a segunda e a quinta por 1.850, mentres que a terceira e a cuarta lograban as máis altas cotizacións da mañá ao acadar ambas os 2.050 euros. Estes resultados arroxan un prezo medio de 1.940 eurs.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En calquera caso e á marxe dos resultados, desde Acruga o seu presidente, César Dorado, valorou o feito de que “se seguen adxudicando todos os animais que se presentan ás poxas, o que demostra que a demanda segue en aumento e que os gandeiros teñen claro a boa calidade das xovencas que traemos. Todos saben que proceden do centro de recría da granxa Gayoso Castro e iso para eles é toda unha garantía", sinalou.

Vindeira poxa o día 15 en Pedrafita

Ademais desas garantías de calidade en canto á súa valoración xenética, reprodutora, morfolóxica e produtora, outro dos incentivos dos gandeiros á hora de poxar por estes exemplares son as axudas de Caixa Rural, que concede a cada comprador 200 euros por animal. A poxa de hoxe contou con 14 posibles compradores que sacaron o cartón que lles permite participar nas poxas. Deles, os que finalmente levaron as touras ás súas ganderías pertencen aos municipios de Lalin, Friol, A Fonsagrada e Láncara.

A próxima poxa de xovencas preñadas levará a cabo o próximo día 15 de setembro en Pedrafita do Cebreiro.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada