Leite

Media de 1.918 euros na poxa de gando frisón de Sarria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
12/05/2018 7:07 p.m.

Este sábado celebrouse no recinto feiral de Sarria a poxa de San Isidro, organizada por Africor Lugo e na que se venderon 22 animais dos 23 presentados. Como ven sendo habitual, tivo un elevado volume de vendas, chegando aos 42.200€, sendo a que acada o maior volume das organizadas na provincia.

“O prezo medio foi de 1.918€, un pouco inferior ao das xa organizadas neste ano, pero tamén influíu o elevado número de xovencas participantes, que fan que o prezo medio sexa máis reducido. O comprador busca preferentemente vacas paridas ou no caso, xovencas moi próximas ao parto”, aseguran dende Africor Lugo. Así, o prezo medio das vaca paridas foi de 2.100€ fronte aos 1.770€ das xovencas.

Foi unha poxa moi concurrida, con afluencia de compradores, que nesta ocasión foron todos da provincia de Lugo, quedando a maioría dos animais na comarca de Sarria.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A máxima cotización foron 3050 euros para unha primeiriza e 2.459 para unha xovenca

O animal que acadou o prezo máis alto foi unha primeriza de gandería Forcao, de Outeiro de Rei, que chegou aos 3.050€. Foi por Reina Fever Lua 5747, unha filla de Fever, parida de marzo con nai MB85, e que foi adquirida por Gandería Pena Guisande, de O Páramo. En xovencas, o prezo máis alto foi para Nodi Eudon Melodi, unha filla de Eudon, con nai MB85, presentada pola gandería Nodi, de Barreiros, que acadou os 2.459€.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada