Leite

Mazaricos recupera a Semana Gandeira do 28 de novembro ao 4 de decembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
09/11/2022 10:41 a.m.

Logo de dous anos de parón a causa da pandemia da Covid 19 o concello coruñés de Mazaricos recupera a Semana Gandeira, que se celebrará do 28 de novembro ao 4 de decembro.

Esta iniciativa, promovida polo concello, Africor Coruña e a Asociación Gandeiros de Mazaricos, implica a toda a veciñanza para poñer en valor un sector que é o motor económico do municipio. De feito, Mazaricos é o primeiro concello produtor de leite de Galicia: As súas arredor de 200 ganderías produciron o ano pasado 127 millóns de litros de leite.

Nesta edición número 14 a Semana Gandeira de Mazaricos volverá contar cun amplo programa de actividades: como exposicións de maquinaria, concursos, visitas escolares a granxas e industrias lácteas e a poxa de gando frisón.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Poxa de gando o domingo 4 de decembro e xornadas técnicas

Esta última celebrarase o domingo 4 de decembro no recinto feiral da Picota. Prevese que saian á venda unhas 25 vacas procedentes de ganderías de referencia de Mazaricos e dos concellos da comarca. Un ano máis servirá como homenaxe ao impulsor do evento, José Moreira. Durante a poxa sortearanse máis de 2.000 € en premios entre todas as persoas asistentes.

En canto ás xornadas técnicas de vacún de leite, nesta edición celebraranse en formato online, cunha mesa redonda baixo o título “Situación actual e perspectivas de futuro do sector lácteo”.

A Semana Gandeira de Mazaricos 2022 completarase coa exposición de maquinaria e servizos agrarios o sábado 3 de decembro, coa presenza duns 20 expositores. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por último, esta edición conta con dúas importantes novidades, como son senllos concursos dirixidos a toda a veciñanza. O primeiro deles é un Concurso de Fotografía por Whatsapp sobre a temática a gandería de Mazaricos. As fotografías deben enviarse ao 696 330 966 antes do 28 de novembro. As persoas participantes poderán gañar ata tres ceas (para 6, 4 e 2 persoas respectivamente) na hostalaría local, ademais dunha cuarta para a fotografía máis votada en Facebook. A entrega de premios terá lugar o sábado 3 de decembro ás 16h no Recinto Feiral da Picota.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada