Leite

Mazaricos acolle o 14 e 15 de xullo a feira de maquinaria agrícola XUMAGRA

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/07/2018 7:57 p.m.

O concello de Mazaricos acollerá próximamente a segunda edición da Feira de Maquinaria Agrícola e Gandeira (XUMAGRA), así como o mercado de coches de ocasión. Será o sábado e domingo, 14 e o 15 de xullo, no multiusos da Picota, en horario de dez da mañá a dez da noite.

Para o alcalde, Juan José Blanco Riveiro, “esta convocatoria xa é unha parada indispensable cara o evento do ano no noso Concello, a Semana Gandeira”. O coordinador da organización do evento, Benito Martínez afirma que “esta segunda edición é o sinal da consolidación de Xumagra. Mazaricos é un concello gandeiro, polo que este tipo de convocatorias son moi importantes para as persoas que se dedican a este negocio”.

Martínez subliñou que “virá unha boa cantidade de empresas profesionais da zona e tamén algunha doutras zonas tanto no caso da maquinaria como dos coches”. E é que as persoas visitantes tamén poderán atopar un novo utilitario grazas á sección de coches de ocasión que inclúe Xumagra.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Así, no exterior do multiusos poderanse contemplar os últimos modelos de máquinas agrícolas das principais marcas. Ademais, haberá pulpeira e churrasco para quen queira rematar a xornada cun pequeno banquete.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada