Viña

Martín Códax amplía a súa adega para producir un millón de litros máis

A adega necesita ampliar as súas instalacións ante a previsión de aumento da produción. Ademais, espera sacar este ano ao mercado unhas 16.000 botellas do mencía "Martín de Sarmiento".

Loading ad.
Ad could not be loaded.
22/07/2015 10:20 a.m.

A cooperativa Martín Códax adquiriu un eucaliptal situado entre o campo de fútbol de Burgáns (Cambados) e a adega para ampliar as súas instalacións ante o previsible incremento da colleita durante a próxima vendima.

Segundo informa o Diario de Arousa, os responsables da empresa pretenden que esta ampliación lles permita instalar máis depósitos para incrementar a súa capacidade de vinificación e ao mesmo tempo construír unha nova entrada para que os viticultores teñan máis facilidades á hora de entregar a uva.

O pasado ano Martín Códax recibiu dos seus socios un total de 2,7 millóns de quilos e este ano esperan unha cifra similar, que esperan aumentar en próximos exercicios ata superar os tres millóns, polo que necesitan novos espazos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Este ano sacarán ao mercado o mencía "Martín de Sarmiento"

A adega dispón xa da pertinente autorización do Concello de Cambados para a demolición de silos e naves e a realización das obras proxectadas. Por outra parte, dentro da súa política de expansión, Martín Códax espera sacar este ano ao mercado unhas 16.000 botellas do mencía "Martín de Sarmiento", despois de adquirir unha adega no Bierzo con capacidade para vinificar un total ao de 200.000 litros.

A cooperativa cambadesa adquiriu a explotación despois de alcanzar un acordo con viticultores da zona para que lle fornezan as uvas procedentes de parras centenarias. Ademais, a empresa non descarta máis investimentos noutras denominacións de orixe españolas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Parque temático sobre o viño no monte de Burgáns

Os directivos da cooperativa Martín Códax están dispostos a continuar adiante co proxecto de construción dun gran parque temático sobre o viño no monte de Burgáns, tanto se reciben subvencións coma se non, informa Diario de Arousa.

Neste sentido, sosteñen que se obteñen o respaldo económico das administracións poderían establecer algún tipo de colaboración para que se puidesen realizar visitas guiadas, mentres que se todo o investimento recae sobre a empresa tan só irían os seus socios e as persoas ou colectivos que a dirección estimase oportuno. O parque que se proxecta ocuparía unha parcela de 1,7 hectáreas e tería uns sendeiros a través de viñedos de diferentes variedades de uva, salpicadas con monumentos e esculturas relacionadas co viño.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada