Carne

Mantense sen cambios o prezo do gando en Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 13/06/2019 11:04 a.m.

As mesas de prezos do Mercado de Gando de Amio mantivéronse esta semana sen cambios. Non houbo variacións nin en Ternera Gallega nin na Mesa de Abasto, e continúan as cotizacións da sesión anterior para tódalas categorías e calidades.

En canto á asistencia de gando ó mercado, contabilizáronse 2.015 reses, 53 máis que a pasada semana. Rexistráronse 1.635 cabezas de vacún menor (97 máis que na sesión anterior), 202 de vacún mediano (31 reses menos) e 164 de vacún grande (20 animais menos que na última feira).

Máis información:
– Táboa completa de prezos de Amio (12-VI-2019).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada