Carne

Mantéñense as subas nos prezos dos leitóns en Silleda

As mesas de cotizacións do porcino na Central Agropecuaria de Galicia rexistran novos incrementos nos leitóns. Os prezos para o porco cebado continúan sen cambios nesta última sesión do ano, que se celebrou sen poxa de vacún

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 27/12/2023 10:33 a.m.

Esta semana non houbo gando na Lonxa Agropecuaria de Silleda pola celebración do Nadal e só se celebraron as mesas de prezos. A actividade recuperarase a próxima semana, na sesión do día 2 de xaneiro, cando volva haber gando vacún para a venda.

En canto ás Mesas de prezoas, nas cotizacións do porcino, esta semana o porco cebado mantense de novo estable, mentres, os leitóns continúan á alza. Así, os animais das categorías selecta e normal teñen un valor de 1,675 e 1,65 euros o quilo, respectivamente. Os porcos de Canal II están a 2,143 euros e os animais de descarte cotízanse entre 0,79 e 0,85 euros o quilo.

Os leitóns experimentaron un incremento de 1 euro para ambas categorías. Así, os exemplares chegados dunha única granxa están agora nos 92 euros (cun prezo de 4,6 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 87 euros e cun prezo por quilo de 4,35 euros.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O mercado do ovo mantívose sen cambios esta semana. Nos ovos cun tamaño XL o prezo é de 2,98 euros a ducia, os da L están a 2,40 euros, nos da M están a 2,04 euros e os da S a 1,74 euros a ducia. As galiñas de desvelle semipesadas de entre 2,1 e 2,2 quilos atópanse entre os 0,21 e 0,29 euros o quilo.

O prezo do coello experimentou unha baixada de 0,2 euros e cotízase a 2,45 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada