Carne

Mantéñense as cotizacións en becerros de recría e Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 06/08/2015 9:31 a.m.

As Mesas de Precios de Amio acordaron manter as cotizacións sen cambios esta semana en becerros de recría e na IXP Ternera Gallega. No tocante ó gando de abasto, apréciase unha tendencia á alza nas cotizacións do vacún maior, que quedan modificadas como segue: sobe 3 céntimos quilo a calidade O e sobe 10 céntimos o prezo da calidade P.

A asistencia de gando a Amio foi esta semana de 2.350 reses (1.811 de vacún menor, 277 de vacún mediano e 240 de vacún grande).

Táboa completa de cotizacións das Mesas de Precios de Amio (5-8-2015)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Doutro lado, esta semana na Lonxa Agropecuaria de Silleda xuntáronse arredor de 800 animais (501 de recría, 216 de vacún maior e 78 becerros carniceiros). O prezo medio de adxudicación dos animais de recría estivo en 202 euros, en tanto en vacún maior acadou os 688 euros.

En canto ás Mesas de Prezos da Lonxa, rexistrouse unha baixada nos bacoriños, en tanto o resto de producións permanecen sen cambios esta semana.
Información da Lonxa Agropecuaria de Galicia (4-8-2015).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada