Carne

Mantemento das cotizacións do gando en Amio

As mesas de prezos acordan a continuidade dos valores da anterior sesión en todas as categorías e calidades

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 15/02/2018 12:11 p.m.

Esta semana as cotizacións de Amio mantéñense sen cambios en relación á pasada sesión. Os vogais da Mesa da Prezos da IXP Ternera Gallega decidiron por maioría de votos repetir os mesmos valores en todas as categorías e calidades de gando, se ben apréciase unha tendencia á baixa que podería reflectirse nos prezos da próxima sesión.

Na Mesa de Prezos de Gando de Abasto, os vogais mantiveron igual que a pasada semana os prezos do gando de recría, becerros para sacrificar e vacún maior. Coincidiuse en apreciar unha tendencia á alza nos machos de frisona descostrados e lactantes. Por outra banda, a diminución do gando para sacrificar no mercado é, en opinión dos vogais, a causa primordial de que non varíen os prezos.

A asistencia á sesión desta semana foi de 2.058 reses, 39 máis que a pasada semana. Houbo 1.588 cabezas de vacún menor (86 máis que na sesión anterior), 195 de vacún mediano (42 menos que a pasada semana) e 257 de vacún grande (5 menos que no último mercado).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (14-II-2018).

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada