Leite

Manexo do establo para a prevención de coxeiras

Loading ad.
Ad could not be loaded.
02/10/2020 5:36 p.m.

Ben é coñecido por todos que as coxeiras en gando vacún son moi custosas tanto en diñeiro como en traballo para manexar eses animais enfermos e os seus tratamentos correspondentes.

Por iso hoxe imos lembrar uns puntos sinxelos que todos deberiamos coñecer para a menor prevalencia de animais coxos na nosa granxa.

Para iso necesitamos un plan de traballo coordinado entre todos os equipos que poidan ir a unha granxa; non só gandeiro e podólogo recortador axudan e corrixen as coxeiras da granxa, senón que tamén o equipo veterinario, nutrólogo, reprodución, se existen auditorias de benestar animal ou plans para iso, instalacións, manexo dos animais por parte de asalariados. Todos eles deberían estar a traballar en conxunto e coñecer ese plan de traballo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Aspectos a ter en conta no plan de traballo coordinado.

Animais enfermos:

Revisar canto antes

Recorte funcional: 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Dependendo do tamaño da granxa hai que establecer un sistema de recorte para que os animais non sufran moito estrés, ben en granxas pequenas facendo todos os animais nun día e dúas veces ao ano normalmente e en granxas grandes establecendo un programa de visitas periódicas, ben sexa semanalmente, mensualmente, pico de lactación, secado, etc, Neste tipo de visitas sería indicado que en colaboración co gandeiro o podólogo recortador decidise a frecuencia das visitas.

Nutrición: 

Unha das principais causas de coxeiras é a nutrición; por iso non debemos esquecela e en colaboración co nutrólogo revisaremos a ración periodicamente. Este último debe de saber e coñecer as patoloxías da granxa mediante o informe do podólogo e así axustar a ración se fose necesario.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Hixiene e baños de cascos:

O máis indicado sería unha vez por semana con produtos indicados para iso non sendo o principal a concentración do produto senón a frecuencia e o limpo que se utilice o baño.

Unha vez por semana como prevención con concentracións do 5% normalmente e dúas ou máis veces se houbese alta incidencia de coxeiras infectocontaxiosas (decisión do podólogo).

Tempo de descanso dos animais: 

Outro dos factores de risco de coxeiras do que non se falou moito até agora é o tempo que os animais permanecen de pé ao longo do día sobre o cemento. En ocasións longas esperas para o muxido, camiñadas para iso ou insuficientes cubículos para o descanso son algúns dos aspectos máis destacados que poidan incidir na coxeira.

Un cubículo ben feito en que a vaca se poida tombar sobre 12 horas ao día e suficientes cubículos para todos os animais é a mellor recomendación que se pode dar, non ten moito secreto sendo as camas de recheo preferentes ás de goma segundo os últimos estudos.

Mellora dos chans:

Non esquezamos o relado correcto dos chans de formigón: unha profundidade adecuada e non esvaradía axúdanos a evitar que os animais escorreguen e así evitar coxeiras traumáticas que moitas veces significan o sacrificio do animal.

Sabendo que existen moitos máis puntos a tratar para mellorar a saúde podal do rabaño estes son os máis básicos e fáciles de diagnosticar a grosso modo para ter unha menor incidencia de coxeiras. O traballo en equipo axudará a ese efecto.

APPB (ASOCIACIÓN PROFESIONAL DE PEDICURA BOVINA)

Desde a APPB (Asociación Profesional De Pedicura Bovina) desexamos que estes consellos cheguen a bo fin e así poder axudar a mellorar a menor incidencia de coxeiras nas nosas granxas.

Esta asociación (APPB) foi creada para promover o estudo, a practica e o coñecemento do recorte de cascos de gando bovino e para transmitir información e coñecementos aos membros. Para iso a asociación organiza cursos e reunións periódicas relacionadas co recorte de cascos establecendo criterios básicos de calidade, colaborando con universidades e entidades da materia para dar a mellor formación aos asociados e divulgar eses coñecementos.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada