Agricultura

Malestar por novas limitacións a mercados labregos

En Melide, o Concello decidiu suspender a feira dos domingos pola alta incidencia do coronavirus, en tanto en Santiago redúcense os postos de venda exteriores da praza de abastos. As organizacións agrarias piden que se reconsideren as medidas, pois consideran que as feiras teñen menos riscos que os supermercados, que manteñen a súa actividade habitual

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 08/09/2020 11:37 a.m.

A alta incidencia que está a acadar o coronavirus en determinados concellos está levando a novas restriccións de feiras e mercados. En Melide, o Concello decidiu cancelar a feira dos domingo, unha situación ante a que o Sindicato Labrego anuncia accións xudiciais, pois considera que se trata dunha medida “absurda e arbitraria” que non obedece a criterios sanitarios ou científicos.

A organización agraria lembra que a Consellería do Medio Rural elaborou un protocolo para a celebración de feiras durante a crise sanitaria. Para o Sindicato Labrego, os mercados de alimentos ao aire libre ofrecen maiores garantías sanitarias que a venda en locais pechados, “polo que non entendemos que, se pechan a feira de alimentos, non pechen de igual modo os supermercados”, cuestionan.

Mentres en Santiago, a Praza de Abastos decidiu reducir os postos exteriores de venda de produtos agroalimentarios de proximidade, unha decisión que é criticada pola Fruga, que pide que a xerencia da Praza de Abastos reconsidere esa decisión. Demandan solucións tanto da Praza como do Goberno local para que todas as persoas que operaban no mercado poidan seguir vendendo os seus produtos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

As organizacións agrarias lembran que estamos en época forte de produción de produtos da horta e froitas, polo que aquela parte da produción que non se venda, perderase, cos conseguintes perxuízos.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada