Agricultura

Máis variedades e máis zonas, entre os cambios na IXP Pataca de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
15/06/2018 5:17 p.m.

A Consellería do Medio Rural e a Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Pataca de Galicia están a traballar na modificación e mellora do prego de condicións deste selo de calidade, co fin de ampliar tanto as variedades de tubérculo amparadas como a súa área xeográfica. A directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo, reuniuse esta semana co presidente do Consello Regulador da IXP, Guillermo Budiño, e co secretario desta entidade, Ricardo Losada, para avanzar nestes labores.

O obxectivo é reformar o devandito prego para introducir, xunto á Kennebec, dúas novas variedades de pataca: Agria e Fina de Carballo. A primeira cultívase sobre todo na comarca ourensá da Limia e a Fina na de Bergantiños, como indica o seu nome.

Ademais, nesta xuntanza avaliouse a modificación das condicións que rexen a IXP para ampliar ao conxunto de Galicia a zona xeográfica amparada por esta indicación. Tense en conta, neste sentido, que o cultivo de pataca realízase en todo o territorio da comunidade autónoma, agás nas zonas de alta montaña.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Outros cambios en estudo pasarían polo aumento do rendemento por hectárea da variedade Kennebec e pola regulación da etiquetaxe, de forma que se poida utilizar a mención “elaborado con IXP Pataca de Galicia” nos produtos elaborados que utilicen como materia prima o tubérculo amparado. Ademais, nesta xuntanza de traballo tratouse o proxecto proposto pola IXP para a obtención de semente base de Fina de Carballo, co fin de dotar ao sector deste material.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada