Viña

Máis de cen distribuidores reúnense en Alicante para coñecer os viños da DO Monterrei

O evento Vidivinos servíu para expandir posibilidades de mercado e afianzar a imaxe de marca da denominación de orixe fóra de Galicia

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 14/05/2021 5:41 p.m.

A última actividade promocional da Denominación de Orixe Monterrei congregou a máis dun centenar de profesionais do sector da distribución e canle horeca da provincia de Alacante. Esta iniciativa, realizada no marco do showroom ‘Vidivinos’, tiña como obxecto dar a coñecer os viños que se elaboran na denominación, afianzar a imaxe de marca, impulsar a comercialización directa e fidelizar a cadea de vendas.

Ata o espazo da D.O. Monterrei achegáronse representantes de restaurantes como Quique da Costa, Xato, Monastrell, Casa Pepa ou La Finca. Así como da canle de distribución, entre os que se atopaban GMA, Disvalero, Guillén, Tabarca, Bellod, Bardisa, ademais de sumilleres ou prensa especializada, entre outros.

https://www.campogalego.gal/os-vinos-de-monterrei-reivindican-o-valor-das-denominacions-de-orixe/

Loading ad.
Ad could not be loaded.

É a primeira vez que a denominación de orixe Monterrei forma parte do showroom ‘Vidivinos’, e nesta acción promocional estiveron presentes os viños de 18 adegas: Ladairo, Pazos del Rey, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, José Antonio Da Silva Pereira (Vinos Lara), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Terrae Monterrei, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Tabú, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo) y Manuel Vázquez Losada.

Ademais, a participación en ‘Vidivinostamén permitiu aos asistentes coñecer as características edafoclimática, variedades de uva, tipoloxías de viño, cultura e tradición vitivinícola da denominación.

https://www.campogalego.gal/monterrei-inicia-en-madrid-accions-de-promocion-2021/

Loading ad.
Ad could not be loaded.

«Pechamos a nosa participación en Vidivinos, cun moi bo sabor de boca. Atopámonos cun alto nivel participativo de profesionais da hostalería, canle primordial para o produto de Monterrei», indica a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva. «Ademais foi grato para nós dar a coñecer o produto na distribución e atender, en Alacante, a colaboradores xa consolidados que comercializan o noso produto e a futuros, que seguro poderían comprobar por que Monterrei é unha aposta segura».

[box style="0"]

Sobre a DO Monterrei

A de Monterrei é unha das cinco denominacións de orixe vinícolas galegas. A mesma abarca os municipios de Verín, Monterrei, Vilardevós, Riós, Oimbra e Castrelo do Val. Está conformada por 27 adegas. Os viñedos desta D.O. ocupan un total de 631 hectáreas de territorio nas que traballan 383 viticultores.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

[/box]

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada