A xornada estivo organizada por Lely en colaboración con ABS, De Heus, Agrícola Calvo, Case e BASF.
Asistiron a esta xornada máis de 350 visitantes, principalmente gandeiros de Galicia, pero tamén de Asturias, Cantabria e Castela, que puideron coñecer in situ unha das mellores granxas de vacún de leite do sur da provincia de Lugo.
“A valoración é moi positiva tanto por parte de Lely, como dos patrocinadores, e sobre todo dos visitantes e dos propietarios de gandería Abrita SC, unha granxa que dende que incorporou os robots de muxido incrementou a produción unha media en 6 litros por vaca e día. Boa mostra da súa satisfacción é que para o vindeiro ano teñen previsto seguir medrando e instalar un quinto robot de muxido”, explica Juan Alonso, responsable de márketing de Lely en Galicia.
Os asistentes puderon coñecer de primeira man esta gandería e tamén ver o seu peculiar deseño para a instalación dos robots, en L curta, con dous robots por lote, con entre 115 e 120 vacas en produción por cada lote.
“Agradecemos a asistencia de todos os gandeiros, máxime nun momento de actividade no campo co ensilado da herba, e por suposto a gandería Abrita SC e aos patrocinadores, por entre todos lograr que fora unha xornada formativa moi interesante e tamén de carácter festivo”, destaca o representante de Lely.