Apicultura

Máis de 30 apicultores venderán os seus produtos este domingo na Feira do Mel de Oleiros

02/11/2018 11:52 p.m.

Este domingo, 4 de novembro, terá lugar unha nova edición da Feira do Mel de Oleiros, nas inmediacións do Mercado Municipal de Perillo. Unha escolma dos mellores apicultores galegos e españois virán a Oleiros a expoñer e vender os seus produtos.

A XXIX Feira do Mel contará con máis de 30 postos de venda e exposición. As persoas que se acheguen poderán coñecer e adquirir todo tipo de alimentos e artigos relacionados co mel, desde os máis tradicionais ata os cosméticos.

O recinto abrirá as súas portas ás 10:00 horas e pechará contra as 21:00 horas. A carpa na que se realiza o evento acollerá as actuacións de Semente Nova de Perillo, a Marola de Mera e a Orquestra Sinfónica do Concello de Oleiros.

Pola tarde, a partir das 16:30 h, realizaranse actividades de animación infantil dirixidas aos máis cativos. Para pechar haberá música, coa orquestra Israel, e magosto e queimada gratuíta para todas as persoas asistentes.

Etiquetado
Ir a la portada