Desenvolvemento rural

Máis de 1.000 socios celebran os 50 anos de FEIRACO

03/12/2018 11:13 a.m.

Con motivo do 50 Aniversario de Feiraco, máis de mil socios celebraron a efeméride nunha cea en Brión o pasado sábado, na que, co lema ‘Feiraco, 50 anos camiñando xuntos’, proxectouse o vídeo histórico de Feiraco e non faltou a música e unha actuación humorística.

Deron a benvida ao encontro o presidente de Feiraco, José Montes, e o director xeral de CLUN, José Luis Antuña.

Esta cea de confraternidade pecha o programa de actos do 50 aniversario de Feiraco este 2018, no que destacou o evento institucional do pasado 22 de outubro no Hostal dos Reis Católicos, con máis de 300 persoas, ademais de publicacións conmemorativas e campañas promocionais en medios de comunicación.

Etiquetado
Ir a la portada