Leite

Maio comeza con baixadas acusadas dos produtos lácteos nos mercados internacionais

Loading ad.
Ad could not be loaded.
05/05/2022 7:38 p.m.

Tras varios meses encadeando subas consecutivas e acadando prezos récord, sobre todo no caso da manteiga e do leite en po desnatado, maio comezou cun parón da tendencia alcista e cunha baixada xeral dos produtos lácteos nos mercados internacionais, de maneira máis acusada en Estados Unidos e Nova Zelandia. Así se desprende do último informe publicado esta semana polo Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea.

En concreto, na Unión Europea os prezos da manteiga baixaron un 0,3%, respecto á media das catro semanas previas, ata os 6,81 euros o kilo; o leite en po desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén baixou, un 0,2 % ata os 4,11 euros o kilo, mentres que o prezo do leite en po enteiro mantívose sen cambios nos 5,14 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo cheddar, o prezo tamén caeu na primeira semana deste mes ata os 3,71  euros o quilo, cunha baixada do 2,2 %. 

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En Estados Unidos, a tendencia no comezo de maio tamén está a ser á baixa e dun xeito máis acusado: -4,5% no prezo da manteiga; -4,7% nas cotizacións do leite en po desnatado e suba do 1,5% no prezo do queixo Cheddar.

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, tamén seguen en índices negativos. Así, houbo unha forte baixada do 12,5 % nas cotizacións da manteiga e do 6,5% no leite enteiro en po, tanto enteiro como desnatado, mentres que o queixo cheddar baixou nada menos que un 8,5%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Descarga aquí o informe

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada