Noticias de empresa

Magrino amplía a súa actividade a Asturias, León, Zamora e Salamanca

A firma galega, que levaba a concesión de John Deere para A Coruña, Lugo e Pontevedra, fusiónase con Martín y Prieto Hermanos SL e con Talleres Carlos SL. A nova compañía pasa a denominarse Agrícola Noroeste

Campo Galego 08/04/2016 2:36 p.m.

Maquinaria Agrícola do Noroeste (Magrino), concesionario oficial de John Deere para A Coruña, Lugo e Pontevedra, fusionouse coa concesión Martín y Prieto Hermanos SL e con Talleres Carlos SL para ampliar a súa actividade a Asturias, León, Zamora e Salamanca.

A nova compañía, que pasa a denominarse Agrícola Noroeste, conta cun total de 11 centros e un equipo humano de máis de cen persoas. A fusión fíxose efectiva o pasado 1 de abril.

Etiquetado
Ir a la portada