Leite

Lugo desmárcase con divisións do bloqueo á industria

O grupo coordinador da tractorada acorda que as máquinas continúen na muralla e facer actos informativos en cadeas de distribución. Grupos de gandeiros de distintos concellos están dispostos a sumarse ó bloqueo ás industrias

Loading ad.
Ad could not be loaded.
G.B. 12/09/2015 1:30 a.m.

División na tractorada de Lugo. O grupo que coordina ós gandeiros mobilizados en Lugo reuniuse na tarde do venres e acordou desmarcarse do bloqueo ás industrias decidido na tractorada de Santiago pola Plataforma en Defensa do Sector Lácteo e polos gandeiros. En Lugo, o voceiro dos produtores, Roberto López, trasladou na asemblea desta noite, que se celebrou sobre as 12 horas, que a protesta continuaría cos tractores na muralla e con accións informativas nas cadeas da distribución.

A decisión do grupo coordinador de desmarcarse do bloqueo non se debatiu na asemblea. Comunicouse pero non se pediu a opinión dos gandeiros. Houbo voces que amosaron a súa disconformidade. “Ten que ir o Miño branco”, clamou un gandeiro “Que facemos tantos días cos tractores na muralla?” -preguntou outro-. “Hai que ir ás industrias”, propuxo. Con todo, foron voces illadas as que se decidiron a falar, a pesar de que varios gandeiros consultados por Campo Galego expresaran opinións similares antes da xuntanza.

Entre tanto, o voceiro da tractorada de Lugo, Roberto López, pediulle ós produtores da Coruña actitudes pacíficas. “Estivemos nós sete días aquí sen romper nada, así que que non veñan agora eles romper algo a Lugo”, advertiu. Así as cousas, a asemblea pechouse en falso en a penas uns minutos.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Os gandeiros dos concellos que se posicionaran a favor do bloqueo ás industrias, caso de Friol, entre outros, estaban a falar tras o remate da asemblea sobre a decisión a adoptar. Non son partidarios de continuar na muralla, xa que entenden que alí xa non teñen atención mediática nin impacto. De bloquear os gandeiros da Coruña industrias de Lugo, son varios os que confirmaron a súa intención de sumarse ó bloqueo. “Están organizados, veñen con apoio legal e iso é unha garantía”, valorou un produtor consultado.

Recollida
Parte das industrias confirmáronlle ós gandeiros a súa intención de non efectuar a recollida no día de hoxe, en vista das protestas en curso. Doutras descoñécese a súa intención ó respecto.

[Máis información] - Primeiras imaxes do bloqueo ás industrias

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada