Axenda

Lugo acollerá un simposio sobre o uso de drons e satélites en agricultura

26/01/2018 6:05 p.m.

A Escola Politécnica Superior de Lugo acollerá os próximos 21,22 e 23 de febreiro o “III Symposio Nacional de Enxeñaría Hortícola”, dedicado nesta edición ao uso de drons e satélites en agricultura.

A sección de Enxeñaría Hortícola da Sociedade Española de Ciencias Hortícolas é a organizadora do evento, actuando a Universidade de Santiago de Compostela - Campus Terra como organizadores locais.

Para calquera información pódese consultar a páxina web do simposio ou escribir un correo electrónico a info@snih18.es

Programa:

Etiquetado
Ir a la portada