Carne

Lixeira suba nos prezos a recría frisoa no mercado de Amio

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 28/02/2024 1:08 p.m.

Os prezos do gando que concorreron na xornada de hoxe no mercado de Amio presentaron unha lixeira subida. Así, soben 10 euros os prezos da recría da raza frisoa.

En canto á asistencia de gando, na sesión de hoxe pasaron polo recinto 1.669 reses, 762 menos que á do 21 de febreiro. En detalle, asistiron 1465 cabezas de vacún menor (735 menos que na sesión anterior); 64 de vacún mediano (-18) e 128 de vacún grande (-21).

Os vogais da Mesa de Prezos da Indicación Xeográfica Protexida Ternera Gallega decidiron manter os prezos da sesión anterior para todas as categorías e as calidades desta carne.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información
- Táboa completa dos prezos de Amio (28-II-2024).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada