Carne

Lixeira suba dos prezos do gando vacún en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións dos ovos e subir as do porco cebado. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia/ Abanca do 14 de febreiro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/02/2017 11:11 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia Abanca caracterizáronse pola estabilidade nos prezos dos becerros de recría, cunha lixeira baixada nos de raza Frisona e unha pequena suba nos de cruce, ao igual que no vacún maior. Nas mesas de prezos acordouse subir as cotizacións do porco cebado e manter a dos leitóns. Os ovos manteñen sen cambios as súas cotizacións, ao igual que o coello.

En concreto, nos tenreiros de recría de raza Frisoa os prezos este martes oscilaron segundo a categoría. Así, na de menos de 20 días, a cotización media subiu ata os 113 euros, fronte aos 108 da pasada semana. Pola contra, na de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa e representativa, a media baixou ata os 126 euros por xato, fronte aos 133 do pasado martes. E na categoría dos tenreiros de máis de 51 días, os prezos remontaron ata unha media de 160 euros, oito máis que a semana anterior.

En canto aos becerros de Cruzamento industrial, as oscilacións nos prezos esta semana foron a unha lixeira suba. Así, na categoría de menos de 20 días, as cotizacións medias subiron nos machos ata os 313 euros, fronte aos 259 a pasada semana. Na categoría máis numerosa e representativa, a de 21 a 50 días, o prezo medio dos machos situouse nos 331 euros, tres máis que na última poxa. Nas femias tamén houbo unha pequena suba: 218 euros de media, fronte aos 214 do pasado martes. E nos xatos de máis de 51 días o prezo medio tamén subiu ata os 400 euros, fronte aos 371 euros de media da pasada semana.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior a tendencia xeral foi á suba. Deste xeito, quedaron en 1.067 euros de media en categoría primeira, 721 en segunda -a máis numerosa- e 443 na de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.085, 708 e 443 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron da seguinte maneira:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos e coello sen cambios

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter as cotizacións da pasada semana, quedando as categorías L e M nos 1,18 e 1,08 euros a ducia, respectivamente. A XL quedou nos 1,35 euros a ducia e a S nos 0,9 euros.

Nos coellos, na Lonxa de Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, acordouse manter os prezos da pasada semana nos 1,60 euros o quilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Suba do porco cebado e sen cambios nos leitóns

En canto ao porco cebado, a mesa de prezos acordou esta semana subir de novo as cotizacións. Así, nas categorías Selecta e Normal as cotizacións subiron un 0,01%, acadando os 1,245 e 1,220 euros por quilo, respectivamente; a Canle II subiu un 0,013% ata os 1,584 euros por quilo. O desvelle mantivo as cotizacións nun intervalo de prezos de entre 0,81 e 0,87 euros o quilo.

En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, as cotizacións mantivéronse esta semana sen cambios nos 1,520 euros o quilo. No resto de países da Unión Europea a tendencia á estabilidade ou a lixeiras subas.

En canto aos leitóns, acordouse manter as cotizacións da pasada semana nos 57 euros para os procedentes de varias explotacións e nos 63 euros para os procedentes dunha única explotación.

Os prezos do porcino quedaron da seguinte maneira:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada