Carne

Lixeira suba de prezos do gando vacún en Silleda

Nas mesas de prezos acordouse manter as cotizacións do porco cebado e dos ovos. Os leitóns soben un 1,5%. Cotizacións da Central Agropecuaria de Galicia do 8 de decembro

Loading ad.
Ad could not be loaded.
08/12/2015 11:08 p.m.

As cotizacións deste martes da Central Agropecuaria de Galicia, en Silleda, caracterizáronse por unha lixeira suba dos prezos do gando vacún, algo no que tivo que ver a importante redución da asistencia de xatos e vacas ao tratarse dun día feriado.

Deste xeito, nos becerros de recría de Frisona, os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 90 euros, fronte aos 86 do pasado martes. Nos de 21 a 50 días, a categoría máis numerosa, practicamente non houbo cambios: unha media de 102 euros por xato, fronte aos 103 da semana pasada. Onde si se notou máis a suba foi nos xatos de máis de 51 días: 143 euros por animal fronte aos 114 do pasado martes.

Nos tenreiros de recría de Cruce industrial a tendencia foi similar aos de Frisón: os machos de menos de 20 días pagáronse a unha media de 302 euros, mentres que os de 21 a 50 días -a categoría máis numerosa-, cotizáronse a 380 e a 455 euros os de máis de 51. A pasada semana os prezos foron de 304, 354 e 422 €, respectivamente.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

No vacún maior os prezos medios mantivéronse estables cun lixeiro repunte: 1.120 euros de media en categoría primeira, 717 en segunda e 430 nas de desvelle. A pasada semana as cotizacións foron de 1.103, 707 e 428 euros, respectivamente.

As cotizacións quedaron do seguinte xeito:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ovos sen cambios e coello á baixa

Polo que respecta ás mesas de prezos, nos ovos acordouse manter os prezos da pasada semana: as categorías XL e S quedaron en 1,55 e 1,06 euros a ducia, respectivamente, mentres que a L quedou nos 1,36 € e a ducia dos de clase M en 1,25 €.

Nos coellos, non houbo cotización. En Madrid, onde se marcan os prezos para Galicia, os prezos caeron un 0,15% ata os 1,70 €/kilo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O porco cebado mantense estable e soben os leitóns

Despois de varias semanas consecutivas de baixadas do prezo do porco cebado, a mesa de prezos acordou hoxe manter as cotizacións da semana pasada: 0,895 euros por kilo en selecto e 0,870 en categoría normal, mentres que o canal II quedou en 1,130. En Alemaña, o referente europeo para os prezos do porcino, os prezos mantivéronse sen cambios en 1,25 euros o kilo.

En canto aos leitóns acordouse unha semana máis subir os prezos un 1,5%. Deste xeito quedaron nos 28 euros os procedentes de varias explotacións e nos 33 euros os procedentes dunha única explotación.

As cotizacións de porcino cebado quedaron do seguinte xeito:

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada