Desenvolvemento rural

Listaxe das 36 cooperativas galegas que recibiron axudas para compra de maquinaria

13/12/2019 11:33 a.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este venres unha resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas concedidas na convocatoria de 2019 para o fomento da utilización de maquinaria agrícola en réxime asociativo.

En total son 36 as cooperativas beneficiadas, sendo o importe total das subvencións de case 2,8 millóns de euros. O obxectivo destas achegas, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, é fomentar a adquisición de maquinaria para a súa utilización en réxime asociativo.

Enlace á resolución no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2019/20191213/AnuncioG0426-261119-0011_gl.html

Etiquetado
Ir a la portada