Leite

Listaxe actualizada dos mellores touros Holstein: Probas de CONAFE de xuño

Este ano as melloras das avaliacións centráronse no avance das probas de Lonxevidade e Facilidade de Parto

Loading ad.
Ad could not be loaded.
23/06/2022 6:08 p.m.

A Confederación Nacional de Asociacións de Frisoa Española (CONAFE) aacaba de publicar as probas xenéticas e xenómicas correspondentes ao mes de xuño, cumprindo así o terceiro ano de publicación dos índices de mérito económico IM?T, así como o segundo ano desde as primeiras avaliacións xenómicas de velocidade de muxido.

Este ano as melloras das avaliacións centráronse no avance das probas de lonxevidade e facilidade de parto. Historicamente a lonxevidade avaliábase combinando a chamada lonxevidade directa (baseándose na idade de baixa das reprodutoras) e a indirecta, sobre a base de caracteres que mostraban correlacións altas coa directa, e que podían ser recollidos nas vacas con antelación á súa data de baixa como podían ser os de morfoloxía ou reconto celular. Desta forma os touros podían ter proba de descendencia neste carácter ao mesmo tempo que a tiñan do resto de caracteres.

Porén, coa xenómica esta información indirecta perde valor, xa que os animais poden ser avaliados a partir dos datos recolleitos de lonxevidade directa para os touros que forman a Poboación de Referencia, que son máis de 40.000 para este carácter e a súa información procede de máis de 3 millóns de fillas. Considerouse que o nivel de xenotipado das femias é xa suficiente como para poder prescindir da información da lonxevidade indirecta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto a facilidade de parto buscouse mellorar a armonización con outras avaliacións centrando o carácter a avaliar nas primeirizas. Cambiouse o modelo macho-avó materno polo modelo animal, que é o usado na maioría de caracteres. Desta forma, na avaliación úsase o dato de cada parto en lugar de utilizar o dato da descendencia de cada touro e pasouse a avaliar a facilidade de parto como un carácter distinto ao resto de partos.

Nesta avaliación xenética realizada por CONAFE en xuño de 2022 actualizouse a base da valoración xenética, que agora pasan a ser as vacas nadas en 2012. Isto supón un cambio en todos os animais de -33,74 quilos de Leite, -2,9 quilos de graxa, -1,7 quilos de proteína, entre 0,03, (Anchura de Peito) e -0,14, (Profundidade de Ubre e Inserción Anterior) nos caracteres de tipo, -0,04 en IPP, -0,10 en ICU e -0,09 en IGT. En Reconto varían en 0,09, en Velocidade de muxido -0,09, e en Saúde Podal (ISP) -0,11. Para manter constante a escala do ICO, con independencia da base o termo fixo do ICO, sobe 77 puntos, que equivale ao progreso xenético da nosa poboación de femias nadas en 2012 respecto de 2011.

Para realizar a avaliación xenética tradicional xuño 2022 utilizáronse os datos do Control Leiteiro Oficial e os datos das cualificacións dispoñibles a mediados de maio, e son os seguintes:

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Cualificacións: 2.721.629
Produción: 7.617.436
Lonxevidade funcional: 6.578.430
Rec. Cél. Somáticas: 7.306.857
Días abertos: 6.578.430
Velocidade de Muxido: 1.485.114
Fluxo de Muxido: 490.004
Facilidade de Parto: 1.282.553
Saúde Podal : 1.161.269

Respecto das avaliacións xenómicas, a poboación de referencia aumenta até 41.303 touros xenotipados con proba de descendencia polo menos en produción. O número de animais xenotipados e avaliados foi de 157.766, incluíndo a poboación española formada por 3.938 machos con código ESP e 108.872 femias.

O valor media dos 200 touros top publicados no catálogo nacional para o novo índice combinado ICO é de 3808, o valor medio dos 100 mellores touros probados españois sitúase nos 3745 e o dos 100 mellores touros xenómicos españois alcanza os 4811. Hai que lembrar que os resultados das avaliacións xenéticas non son comparables a avaliacións previas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Respecto ao resto de índices as referencias para touros probados e xenómicos serían:

Xenómicos:

-IM € TLECHE: 335 euros
-IM€TQUESO: 443 ,,
-IM€TPASTO:171 ,,
-IM€TECO: 280 ,,

Probados:

-IM € TLECHE: 234 euros
-IM€TQUESO: 311  ,,
-IM€TPASTO:118 ,,
-IM€TECO:198 ,,

Desde CONAFE lembran que estes novos índices exprésanse en euros de Rendibilidade por vaca e ano.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada