Axudas

Listados de beneficiarios das axudas de incorporación e para pequenas explotacións

Campo Galego 12/01/2018 5:38 p.m.

O Diario Oficial de Galicia recolle hoxe a relación de 466 persoas mozas que reciben apoios para iniciar a actividade agraria, así como a lista dos 154 solicitantes que recibirán subvencións para crear ou desenvolver pequenas explotacións en sectores como a horta, o vacún de carne, o ovino ou a apicultura.

A Xunta destinou un total de 40 millóns de euros a apoiar as incorporacións de persoas mozas. Aceptáronse o 86% das solicitudes presentadas, con algo máis de 30.000 euros de axuda media por beneficiario. Na convocatoria para pequenas explotacións, á que a Xunta destinou algo máis de dous millóns de euros, os apoios son de 15.000 euros por persoa.

Máis información
- Lista de beneficiarios das axudas de incorporación.
- Lista de beneficiarios das axudas para pequenas explotacións.

Etiquetado
Ir a la portada