Leite

Listado dos mellores queixos de Galicia deste ano

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 16/12/2022 4:01 p.m.

Este mediodía entregaronse os premios da XXV Cata dos Queixos de Galicia, que se realizou de xeito conxunto coa entrega da XXI Cata dos Meles. Este ano participaron 43 mostras de queixos elaborados por 30 queixerías galegas.

O acto, que se celebrou no pazo de Quián, en Sergude (Boqueixón), estivo presidido polo conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, e do director xeral de Gandaría Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros. O conselleiro reafirmou o compromiso de toda a Xunta pola promoción e protección das producións de calidade de Galicia. Un compromiso que, salientou, plásmase na aposta por Galicia Calidade, que definiu como “a nosa marca de identidade”.

Nesta edición foron premiados coa distinción de ouro dous queixos da SAT Queinaga, das Denominacións de Orixe Protexida (DOP) Tetilla e Arzúa-Ulloa; así como o queixo Catadoiro, da Queixería Catadoiro, dentro da DOP San Simón da Costa.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Lácteos Anzuxao recibiu sendas pratas polos seus queixos incluídos na DOP Tetilla e Arzúa-Ulloa e a Queixería Prestes levou a prata polo seu queixo Prestes na DOP San Simón da Costa.

Bo-Queixo, de José Castro Tejo levou o bronce dentro da DOP de Arzúa-Ulloa e o queixo Daniberto de Daniberto SAT conseguiu o bronce entre os Tetilla.

Na seccións de queixos curados da DOP Arzúa-Ulloa, o queixo Arqueixal elaborado por Xosé Luis Carreira Valín conseguiu o ouro. Na DOP Cebreiro o ouro foi para Castelo, de Queixos Castelo de Brañas.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada