O conselleiro do Medio Rural, José González, presidiu este mediodía en Vilalba, xunto coa conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, a entrega dos II Premios Exceleite á excelencia hixiénico-sanitaria das explotacións leiteiras de leite cru de vaca durante o ano 2017.
Preto de 5.000 granxas galegas podían optar a estes premios, todas as que están inscritas no Rexistro de Explotacións Leiteiras de Calidade Diferenciada (Recaldi) e que, polo tanto, están en disposición de usar o distintivo de calidade Galega 100%. Delas seleccionáronse, con criterios técnicos, as 50 explotacións finalistas e posteriormente os 20 recoñecementos entregados hoxe nun acto celebrado no hotel Spa Attica 21 de Vilalba.
Gañadores premios Exceleite 2018:
GRUPO |
PREMIO |
NOME Loading ad.
Ad could not be loaded.
|
CONCELLO |
PROVINCIA |
GRANDE – EXTENSIVO Loading ad.
Ad could not be loaded.
|
1 |
BARCO FUENTES SANTIAGO |
TOURO |
A CORUÑA |
GRANDE – EXTENSIVO |
2 |
GONZALEZ FOLGUEIRAS MARIA SIRA |
SARRIA |
LUGO |
GRANDE – SEMIEXTENSIVO |
1 |
GANADERIA GASU, S.C. |
TORDOIA |
A CORUÑA |
GRANDE – SEMIEXTENSIVO |
2 |
VILAGUDIN S.C |
ORDES |
A CORUÑA |
GRANDE – INTENSIVO |
1 |
MONICA LANDEIRA Y OTRO, S.C. |
VAL DO DUBRA |
A CORUÑA |
GRANDE – INTENSIVO |
2 |
GANDEIRIA PEREIRIÑA S.C. |
VAL DO DUBRA |
A CORUÑA |
MEDIANO – EXTENSIVO |
1 |
PIÑEIRO S.C. |
CASTROVERDE |
LUGO |
MEDIANO – EXTENSIVO |
2 |
CORTES FERNANDEZ ANGEL |
RODEIRO |
PONTEVEDRA |
MEDIANO – SEMIEXTENSIVO |
1 |
BALEATO PAZOS JESUS MANUEL |
TORDOIA |
A CORUÑA |
MEDIANO – SEMIEXTENSIVO |
2 |
REGUERA LAMELA PAZ |
CASTROVERDE |
LUGO |
MEDIANO – INTENSIVO |
1 |
PEREZ BOTANA, CARMEN |
FRADES |
A CORUÑA |
MEDIANO – INTENSIVO |
2 |
LANDEIRA COSTA LOURDES |
TRAZO |
A CORUÑA |
PEQUENO – EXTENSIVO |
1 |
A RIVEIRA S.C. |
SOBRADO |
A CORUÑA |
PEQUENO – EXTENSIVO |
2 |
MOURIÑO GONZALEZ BENITO |
SILLEDA |
PONTEVEDRA |
PEQUENO – SEMIEXTENSIVO |
1 |
PENIN JUL MARIA IRENE |
PALAS DE REI |
LUGO |
PEQUENO – SEMIEXTENSIVO |
2 |
HERMANOS PRADO CARRACEDO C.B. |
VILALBA |
LUGO |
PEQUENO – INTENSIVO |
1 |
GOMEZ VARELA MARIA |
MELIDE |
A CORUÑA |
PEQUENO – INTENSIVO |
2 |
PRIETO VAZQUEZ MARIA JOSE |
ARANGA |
A CORUÑA |
ECOLÓXICO |
1 |
RIVAS LAMAS ANGEL |
FRIOL |
LUGO |
ECOLÓXICO |
2 |
TORRES LOPEZ CONCEPCION |
CHANTADA |
LUGO |
Os gandeiros galegos ingresaron por venda de leite máis de 639 millóns de euros ata setembro
O conselleiro do Medio Rural, José González, destacou neste acto que nos primeiros nove meses do ano, os gandeiros galegos ingresaron preto de 36 millóns de euros máis que no 2017, é dicir, un 6% máis, ata superar os 639 millóns de euros en termos globais.
Estes datos, matizou o conselleiro, “son froito do traballo e a seriedade dos gandeiros nas explotacións, que converteron ao sector lácteo no buque insignia do rural galego e conseguiron situar a Galicia como líder indiscutible dentro de España, non só polo seu volume de produción senón tamén pola calidade da súa materia prima”.
O conselleiro reiterou a importancia de manter o bo status sanitario da cabana gandeira de Galicia para acadar esa calidade diferenciada, algo que xunto co benestar animal, convértense nas claves deste eido produtivo. Así, González salientou que o seu departamento continuará achegando recursos, ata 17 millóns de euros no ano 2019, para esas campañas de sanidade animal. Neste senso, agradeceu a colaboración dos gandeiros e o gran traballo que realizan tamén os técnicos, veterinarios e persoal que asesora aos produtores.
Nova liña de axudas para fomentar a recría
O titular de Medio Rural tamén fixo fincapé no papel protagonista que teñen as mulleres e os mozos nestes premios Exceleite, algo que ten importancia, dixo, porque demostra a remuda xeracional no agro.
Así mesmo, referiuse aos traballos de investigación asociados á recuperación dos recursos autóctonos gandeiros, sinalando que se vai afondar na mellora xenética da raza frisona, para a cal se vai establecer pola Consellería unha nova axuda dotada con 200.000 euros para fomentar a recría desta especie.