Este sábado, 9 de marzo, arrinca o calendario anual de poxas de gando frisón na provincia de Lugo coa Poxa de Gando Frisón de Chantada, organizada polo concello chantadino e na que colaboran AFRICOR Lugo e a Cooperativa AIRA.
Sairán a poxa un total de 21 animais procedentes de ganderías da provincia de Lugo, con tódalas garantías sanitarias e de cualificación xenética. Trátase de 14 vacas paridas de primeiro parto e 7 xovencas próximas ao parto.
A poxa comezará ás 12:00 horas no Mercado Gandeiro. A empresa pública Xenética Fontao obsequiará con 3 doses de BANDIDO e 3 doses de SALVUS por cada un dos animais adquiridos na poxa.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Velaquí o listado dos animais que se poxarán:
Loading ad.
Ad could not be loaded.