A Denominación de Orixe Rías Baixas entregou este venres pola tarde os diplomas da sétima edición da súa Cata das Anadas. Esta cita desenvolveuse o mércores no Hotel Vlila Real de Madrid e contou coa colaboración da Unión Española de Catadores. Un total de 60 marcas pertencentes a 33 adegas recibiron os distintos recoñecementos.
Máis concretamente, 7 viños foron distinguidos co diploma de Gran Colleita de Ouro (ao conseguir unha puntuación superior a 92); 40 obtiveron o Colleita de Ouro (con entre 85 e 92 puntos) e 13 levaron o Colleita de Prata (entre 82 e 85 puntos).
O acto, celebrado na contorna do Castelo de Soutomaior, foi presentado pola xornalista galega Irene Lourido. Contou coa participación do presidente do Consello Regulador, Juan Gil de Araujo; o director xeral de Desenvolvemento Rural, Miguel Ángel Pérez Dubois; o deputado provincial Javier Dios e o xefe territorial da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, Antonio Crespo Iglesias.
RELACIÓN DE DISTINCIÓNS DA VII CATA DAS ANADAS DE RÍAS BAIXAS:
Gran Colleita de Ouro. Puntuacións superiores a 92 puntos
ADEGA |
MARCA Loading ad.
Ad could not be loaded.
|
COLLEITA |
ADEGAS CASTROBREY | SIN PALABRAS |
2012 |
BODEGAS LA VAL S.L. | LA VAL SOBRE LÍAS |
2011 Loading ad.
Ad could not be loaded.
|
BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. | MARTÍN CODAX |
2012 |
BOUZA DO REI S.A.T. |
BOUZA DO REI |
2010 |
COOPERATIVA VITIVINICOLA AROUSANA S.C.G. | PACO & LOLA VINTAGE |
2012 |
MAIOR DE MENDOZA S.L. | MAIOR DE MENDOZA LIAS |
2016 |
SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L. | SEÑORÍO DE RUBIOS CONDADO |
2010 |
Colleita de Ouro. Valorados entre 85 e 92 puntos
ADEGA |
MARCA |
COLLEITA |
ABADÍA DE TORTOREOS S.L. | ABADÍA DE TORTOREOS BARRICA |
2015 |
ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. | CONDES DE ALBAREI |
2014 |
ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. | CARBALLO GALEGO |
2016 |
ADEGAS AROUSA DE BEBIDAS S.L. | PAZO DA BOUCIÑA "ARTE" |
2016 |
ADEGAS CASTROBREY | NICE TO MEET YOU |
2013 |
ADEGAS CASTROBREY | SIN PALABRAS |
2010 |
ADEGAS VALMIÑOR S.L. | DAVILA M-100 |
2009 |
ALDEA DE ABAIXO S.A.T. | SEÑORÍO DA TORRE LÍAS |
2014 |
ALDEA DE ABAIXO S.A.T. | SEÑORÍO DA TORRE LIAS |
2016 |
BODEGA VIÑA NORA | NORA DA NEVE |
2007 |
BODEGA VIÑA NORA | NORA DA NEVE |
2014 |
BODEGAS ALBAMAR S.L.N.E. | ALBAMAR |
2014 |
BODEGAS ALBAMAR S.L.N.E. | ALBAMAR |
2015 |
BODEGAS ALBAMAR S.L.N.E. | ALBAMAR EDICIÓN ESPECIAL |
2016 |
BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES S.L. | ALBARIÑO DE FEFIÑANES III AÑO |
2013 |
BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES S.L. | 1583 ALBARIÑO DE FEFIÑANES |
2011 |
BODEGAS EIDOSELA S.C.G. | EIDOSELA ALBARIÑO |
2016 |
BODEGAS SANTIAGO ROMA S.L. | SANTIAGO ROMA SELECCIÓN |
2015 |
BODEGAS SANTIAGO ROMA S.L. | SANTIAGO ROMA SELECCIÓN |
2016 |
BODEGAS Y VIÑEDOS DON OLEGARIO | DON OLEGARIO |
2007 |
CARBALLAL DE SANDE | CDES |
2016 |
CARLOS CASTRO SERANTES | GRAN RIBAD |
2015 |
COOPERATIVA VITIVINICOLA AROUSANA S.C.G. | PACO & LOLA PRIME |
2016 |
LAGAR DE BESADA S.L. | BALADIÑA |
2016 |
LAGAR DE FORNELOS S.A. | LAGAR DE CERVERA |
2012 |
LAGAR DE FORNELOS S.A. | LAGAR DE CERVERA |
2006 |
LAGAR DE FORNELOS S.A. | LAGAR DE CERVERA |
2011 |
MAIOR DE MENDOZA S.L. | MAIOR DE MENDOZA 3 CRIANZAS |
2012 |
MAIOR DE MENDOZA S.L. | MAIOR DE MENDOZA 3 CRIANZAS |
2015 |
RICARDO ABAL PADÍN | DON RICARDO |
2015 |
SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L. | MANUEL D'AMARO ALBARIÑO LIAS |
2016 |
SEÑORÍO DE RUBIÓS S.L. | SEÑORÍO DE RUBIOS ALBARIÑO |
2015 |
SOLAGRA S.A. | CASA DO SOL |
2016 |
SOLAGRA S.A. | CASA DO SOL |
2015 |
SOLAGRA S.A. | CASA DO SOL |
2014 |
VIÑA BLANCA DEL SALNÉS S.A. | VIÑA BLANCA DEL SALNES |
2016 |
VIÑA BLANCA DEL SALNÉS S.A. | VIÑA BLANCA DEL SALNES |
2010 |
VIÑA CARTIN S.L. | TERRAS DE LANTAÑO |
2015 |
VIÑA MORAIMA SOC. COOP. GAL. | MORAIMA |
2015 |
VIÑAS E ADEGAS GALEGAS S.L.U. | DON PEDRO DE SOUTOMAIOR |
2015 |
Colleita de Prata. Valorados entre 82 e 85 puntos
ADEGA |
MARCA |
COLLEITA |
ADEGA CONDES DE ALBAREI S.A.U. | ENXEBRE |
2015 |
ADEGA DOS EIDOS S.L. | CONTRAAPAREDE |
2015 |
ADEGAS MORGADIO S.L. | CELLARIUM |
2016 |
ADEGAS TERRA DE ASOREI S.L. | TERRA DE ASOREI SELECCIÓN PRIVADA |
2016 |
ADEGAS VALMIÑOR S.L. | VALMIÑOR |
2013 |
ATTIS BODEGA Y VIÑEDOS S.L. | ATTIS EMBAIXADOR |
2015 |
ATTIS BODEGA Y VIÑEDOS S.L. | ATTIS EMBAIXADOR |
2013 |
BODEGA VIÑA NORA | NORA DA NEVE |
2015 |
BODEGAS DEL PALACIO DE FEFIÑANES S.L. | ALBARIÑO DE FEFIÑANES |
2016 |
BODEGAS LA VAL S.L. | LA VAL FERMENTADO EN BARRICA |
2015 |
BODEGAS MARTÍN CODAX S.A.U. | MARTÍN CODAX |
2014 |
CARBALLAL DE SANDE | CDES |
2014 |
VIÑAS E ADEGAS GALEGAS S.L.U. | DON PEDRO DE SOUTOMAIOR |
2016 |
Na súa intervención, Juan Gil de Araujo felicitou a todas as adegas recoñecidas e destacou "os magníficos resultados" da VII Cata das Anadas. "Se é certo que en cada anada había marcas que destacaban pola súa gran calidade, sorprende quizá que as anadas que mostraron mellor comportamento, que mellores sensacións presentaron, foron as máis vellas", asegurou. "Unha circunstancia que corrobora "non só o rigoroso traballo de elaboración que realizan as adegas da denominación, senón tamén a excelente materia prima que posuímos en Rías Baixas. Esas variedades autóctonas que consenten con esmero os nosos viticultores", engadiu.
Realizando un balance dos últimos anos, o presidente do Consello Regulador lembrou a "valentía e afouteza" por parte do conxunto desta Denominación de Orixe á hora de apostar, hai xa 14 anos, pola Cata das Anadas, "un reto cheo de incógnitas e de riscos, porque era algo que ninguén fixera". Co desenvolvemento deste proxecto conseguiuse "que hoxe o mercado entenda que non só non pasa nada por beber os nosos viños máis aló do nadal seguinte, senón que é a partir de aí, precisamente, cando moitos deles alcanzan o seu punto óptimo de consumo", concretou Juan Gil de Araujo. O presidente reiterou o seu agradecemento ás adegas por apoiar este tipo de iniciativas que buscan pór en valor o potencial dos viños de Rías Baixas.
A Cata das Anadas ten carácter bienal e o seu obxectivo é demostrar as posibilidades de garda dos viños da denominación, así como o potencial enolóxico das variedades amparadas por Rías Baixas. Na presente edición, os catadores valoraron 75 referencias de 36 adegas. Máis concretamente, vinte mostras de 2016 e outras tantas de 2015; oito de 2014; seis de 2013 e seis de 2012; tres de 2011; cinco de 2010; unha de 2009; tres de 2007 e outro tres de 2006.
Un xurado de 27 expertos
O xurado estivo composto por 27 expertos -9 integrantes do panel de cata interno do Consello Regulador e 18 profesionais externos (xornalistas, catadores...)-. Todos eles coincidiron á hora de loubar a altísima calidade das mostras presentadas, á vez que ratificaron a excelente capacidade de envellecemento dos viños da Denominación de Orixe Rías Baixas.
Ademais da propia cata, a xornada en Madrid complementouse cun Túnel das Anadas, celebrado por terceira vez consecutiva no Hotel Vlila Real, o mércores pola tarde. Máis de 250 prescriptores do sector madrileño tiveron a oportunidade de degustar as 75 marcas presentadas a este certame.