Carne

Limusina e Asturiana: As razas de vacún de carne que máis medran en España

Loading ad.
Ad could not be loaded.
29/07/2022 12:51 p.m.

A Limusina e a Asturiana son as razas de vacún de carne que máis creceron nos últimos anos en España, mentres que a Rubia Galega experimentou un retroceso.

Así se desprende do “Estudo do sector vacún de carne español: Datos SITRAN” do Ministerio de Agricultura, no que se analiza a evolución do censo de vacas nutrices de razas cárnicas en España entrre os anos 2011 e 2020.

O censo de vacas nutrices de entre 24 meses e 14 anos ascende segundo os últimos datos do informe a 2.142.407 animais, o que supón un incremento do 7% respecto de 2017. Por comunidades máis representativas para o sector, Estremadura incrementou nese período o seu censo de vacas nutrices de razas cárnicas nun 10,59% respecto de 2017; mentres que en Andalucía medrou un 8,60%, en Castela e León a subida foi do 7,68%, en Asturias do 4,71% e en Galicia soamente do 1,51%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Por razas, segue predominando a raza mestiza, produto do cruzamento, seguida da Limusina e da Asturiana de los Valles.

En canto á evolución das distintas razas, entre 2017 e 2020 o conxunto mestizo creceu un 7,67%. Porén, o maior crecemento correspondeu á Limusina, moi presente en Comunidades como Castela e León ou Estremadura, que incrementou o seu censo de vacas nutrices nun 21,63% entre 2017 e 2020. Tamén destaca o crecemento do 8,80% da raza Asturiana de Montaña e do 8,10% da Blonda de Aquitania. A Asturiana de los Valles creceu un 4,4% en número de vacas nutrices.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Pola contra, a raza Rubia Galega reduciu a súa cabana de reprodutoras nese período pasando de 79475 a 75171. É dicir, unha caída do 5,42%.

Descarga aquí o informe completo

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada