Noticias de empresa

LIDEA, un ano máis líder en ensaios oficiais de millo

Lidea prepara a campaña de millo coa gama máis produtiva e completa do mercado. As campañas pasadas puidemos comprobar os excelentes resultados das nosas variedades, á altura das expectativas do agricultor, verificadas grazas ao seu alto grao de satisfacción

LIDEA 14/03/2024 5:24 p.m.

As variedades consolidadas son ano tras ano unha aposta segura para sacar o máximo rendemento das explotacións, aínda que para esta campaña hai que ter en conta novidades que, grazas ao traballo de investigación e ensaios en campo, son excelentes alternativas, segundo a necesidade e características de cada chan e zona xeográfica.

Excelentes resultados ano tras ano
No boletín de valor agronómico das variedades comerciais de millo forraxeiro, publicado polo Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (CIAM), podemos ver a valoración dun bo número de variedades de LIDEA, que van desde os 116 aos 139 días de ciclo (sementeira - colleita), cun índice produtivo (IP), medio de 123. Datos que nos permiten destacar o potencial e innovación do material xenético que avaliamos en toda a zona Norte e en Galicia en particular.

Obviamente, non podemos esquecer que LIDEA conta coa variedade máis produtiva dentro destes ensaios oficiais, que é Berlioz.

Berlioz, de Lidea, é a variedade máis produtiva nos ensaios do CIAM - Mabegondo

Estamos orgullosos do comportamento das nosas variedades e do grao de satisfacción que proporcionan aos nosos clientes. Zapotek, LID 7001C, Armandi, LID 6130C, Berlioz, Izzli, Hornet, LID 4111C, Method , LID 2888C, Es Bond… son produtos que aúnan produción, estabilidade e adaptabilidade a todo tipo de parcelas.

Berlioz é a gran aposta de Lidea e nº 1 en CIAM-Mabegondo
Berlioz cumpre o principal requisito que moitos gandeiros lle piden a unha variedade de millo: ser a variedade máis rendible para a súa explotación. Datos avalados cunha boa capacidade produtiva ( 27,4 Tn Ms/Ha, dato CIAM-Mabegondo) e cuns bos parámetros nutricionais, conseguindo ser así un gran produtor de Kg de leite/Ha.

Se a estas cifras lle engadimos un inmellorable vigor inicial, un excelente potencial gran, un perfil agronómico moi seguro e unha gran rusticidade, podemos afirmar que BERLIOZ é xa unha referencia para o gandeiro e unha clara e decidida aposta de LIDEA.

Asturias occidental
Recentemente puidemos comprobar os excelentes resultados que a nosa novidade LID 6130C obtivo nos ensaios oficiais realizados polo SERIDA en Asturias; sendo a variedade Nº1 en produción, da lista principal, na costa occidental asturiana.

LID 6130C foi número 1 en Asturias occidental en produtividade, segundo os ensaios oficiais do SERIDA

Datos que confirman o potencial e excelente adaptabilidade do noso material xenético.

Lidea, innovación ao servizo da agricultura

En pleno contexto de escaseza de auga, Lidea vai máis aló, e ofrece variedades de millo con tecnoloxías que, precisamente, son idóneas para estas circunstancias. Variedades como IZZLI, LID 4111C y DUO SILO 300 son CACTUS, é dicir, híbridos de millo máis eficientes no uso da auga, e por tanto, especialmente adaptados a situacións de estrés hídrico.

A marca ofrece unha liña de variedades con tecnoloxía CACTUS, adaptadas ó estrés hídrico

Outra das tecnoloxías exclusivas de Lidea é DUO SILO, que é a combinación de dous híbridos de millo silo, que son agronómicamente compatibles e complementarios nos seus valores nutricionais; proporcionándonos un aumento na produción e calidade do leite. (resultados avalados por máis de 100 test realizados por toda Europa).

[box style="0"]

Descarga o catálogo de millo 2024

[/box]

Etiquetado
Ir a la portada