Leite

Leyma reposiciona a súa marca para defender o valor de consumir leite galego

Carmen Lence subliña que a aposta dos consumidores polo produto local é a única maneira de manter vivo o sector lácteo galego e garantir a súa sostibilidade

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 07/10/2022 9:24 a.m.

[caption id="attachment_182445" align="aligncenter" width="660"] Novo packaging de Leyma, que recupera a imaxe da vaca que acompañou a marca desde a súa creación en 1962[/caption]

Leyma, como marca emblemática do leite galego, recupera a tradición nunha nova etapa na que quere defender o valor de consumir leite producido e transformado en Galicia nun momento de grandes incertezas para as ganderías. "Se algo representa aos galegos é o orgullo e o respecto que sentimos polo noso, e Leyma é un exemplo de vinculación co territorio que leva acompañando aos consumidores dende 1962”, explica Carmen Lence, a CEO do Grupo Lence, ao que pertence a marca e a planta de Arteixo na que se envasa desde a súa compra a Puleva no ano 2005.

A compañía busca recuperar a tradición que hai detrás dun produto de primeira necesidade como é o leite, coa sostibilidade do sector e a necesidade de apostar polo produto local: "a única maneira de manter vivo o sector lácteo galego", asegura.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Queremos apoiar aos gandeiros e gandeiras nun momento de grandes incertezas para o sector lácteo e o campo de Galicia

Desde a súa fundación fai 60 anos, Leyma contribúe a que o 40% do leite consumido en España sexa de orixe galego, destaca a presidenta do Grupo Lence. Con todo, matiza, "na propia comunidade galega, só a metade deste 40% pertence a empresas 100% galegas", polo que asegura que Leyma busca "apoiar aos gandeiros e gandeiras nun momento de grandes incertezas para o sector lácteo e o campo de Galicia".

Líder en leite pasteurizado

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Para esta nova etapa, a compañía recupera a imaxe da súa emblemática vaquiña, que acompañou a Leyma dende a súa creación no ano 1962, cando inaugurou a súa primeira central leiteira na cidade da Coruña, e que será a protagonista do novo packaging da gama de produtos, xa dispoñible nalgúns puntos de venda.

Leyma comeza unha nova etapa recuperando a imaxe da vaca nos seus cartóns

Deste xeito, Leyma busca evocar a infancia de moitos galegos e galegas, así como achegar a tradición e a orixe ás novas xeracións. “Queremos que Leyma siga sendo unha marca inspiradora reflexo do leite de sempre”, asegura Carmen Lence.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Leyma, con forte implantación no sector da hostalaría, é líder en leite fresco pasteurizado, cuxo consumo está a aumentar nos últimos anos paseniñamente entre os consumidores, pero estando moi lonxe aínda do nivel doutros países europeos, onde o leite UHT é minoritario. 

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada