Carne

Leve suba en Ternera Gallega en Amio e baixada no resto de gando vacún

Loading ad.
Ad could not be loaded.
14/09/2022 12:59 p.m.

O mercado de Amio experimentou este mércores unha baixada de arredor de 5 euros nos xatos de recría cruzados, segundo a sondaxe feita pola organización entre as persoas usuarias. Tamén se aprecia unha tendencia á baixa no gando de vacún maior con destino a matadoiro.

A asistencia de gando este mércores foi de 1.865 reses, 221 máis que a pasada semana. Houbo 1.550 cabezas de vacún menor, 137 de vacún mediano e 178 de vacún grande.

Na Mesa de Prezos de Ternera Gallega, os vogais decidiron por maioría subir 0,03 euros os prezos en todas as categorías e calidades.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Máis información: 
- Táboa de prezos de Amio (14-IX-2022).

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada