Carne

Leve suba de prezos en Ternera Gallega

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/12/2022 4:31 p.m.

O mercado gandeiro celebrado este mércores no recinto feiral de Amio, en Santiago de Compostela, caraterizouse por unha leve suba nos prezos de Ternera Gallega acordada pola mesa de prezos, mentres que no resto de categorías non houbo cambios.

A asistencia de gando foi notablemente menor que a pasada semana ao coincidir nesta semana varios festivos. En concreto, saíron a venda 1215 animais, 671 menos que o pasado mércores: houbo 979 cabezas de vacún menor (579 menos), 128 de vacún mediano (5 menos) e 106 de vacún maior (56 menos que a pasada semana).

En canto aos prezos, a sondaxe entre os usuarios permite concluír que se mantiveron os prezos para todas as categorías.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Polo que respecta á IXP Ternera Gallega, os vogais decidiron por maioría subir 0,02 euros o quilo os prezos das canles de categoría Suprema e 0,03 os das categoría Tenreira.

Máis información:

-Cotizacións de Amio do 7 de decembro do 2022

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada