Carne

Lentitude no mercado de becerros de abasto, tendencia á alza en recría de cruces e rubia

As mesas de prezos de Amio manteñen as mesmas cotizacións da pasada semana

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 10/11/2016 10:55 a.m.

As cotizacións esta semana en Amio repiten os valores da anterior sesión en todas as categorías e calidades. A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega acordou non facer cambios, igual que a Mesa de Prezos de Abasto, que mantén sen variación as cotizacións da pasada semana en gando de recría, abasto para sacrificio e vacún maior.

En canto ó mercado de gando, entraron no recinto 2.363 reses, 420 máis que na anterior feira. Houbo 1.784 cabezas de vacún menor, 312 de vacún mediano (67 máis que na sesión anterior) e 284 de vacún grande. En becerros de abasto o mercado desenvolveuse con lentitude debido a un aumento da oferta non seguido do número de compradores. En canto ó mercado de gando de recría de cruces e de rubia galega, a Mesa de Prezos de Abasto coincide en apreciar unha tendencia á alza nos seus prezos.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (9-XI-2016)

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada