Carne

Lentitude dos tratos en Amio pola maior concorrencia

As mesas de prezos manteñen sen cambios as cotizacións da anterior sesión

Loading ad.
Ad could not be loaded.
Campo Galego 22/12/2016 10:13 a.m.

A afluencia de animais na última feira anterior ó Nadal foi máis elevada do habitual, con 2.433 reses, 297 máis que a pasada semana. O aumento capitalizárono os animais de recría, con 1.885 (347 máis que na pasada sesión), en tanto baixou lixeiramente a entrada de vacún mediano (292 animais, 14 menos) e de vacún grande (241, 36 menos).

A maior presenza de animais de recría levou a unha maior lentitude dos tratos, se ben a Mesa de Prezos de Abasto mantivo as cotizacións igual que na anterior sesión tanto en gando de recría como en animais de abasto e vacún maior. A Mesa de Prezos da IXP Ternera Gallega tamén acorda manter as cotizacións.

Máis información
- Táboa completa das cotizacións de Amio (21-XII-2016).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada