Lenta recuperación dos prezos do porcino

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acorda subir un 0,02% o prezo do porco cebado e un 2,5% o dos bacoriños.

11/02/2015 5:31 p.m.

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia, na súa reunión deste martes, 10 de febreiro, acordou unha lixeira suba do 0,02% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo.

Os prezos quedaron do seguinte xeito:

Os bacoriños soben un 2,5%

Nos leitóns, partindo de base de 20 kg, a suba acordada foi notablemente maior, un 2,5% até os 48,00 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 43,00 para os procedentes de varias.

Etiquetado
Ir a la portada