Carne

Lenta recuperación dos prezos do porcino

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia acorda subir un 0,03% o prezo do porco cebado e un 2,0% o dos bacoriños.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
17/02/2015 7:10 p.m.

A mesa de prezos da Central Agropecuaria de Galicia, na súa reunión deste martes, 17 de febreiro, acordou unha lixeira suba do 0,03% no prezo do porcino, en consonancia coas cotizacións dos mercados español e europeo. O porco cebado selecto queda nos 1,105 €/kg e o normal nos 1,080 €/kg.

Os prezos quedaron do seguinte xeito:

[caption id="attachment_4095" align="aligncenter" width="660"] Fonte: Central Agropecuaria de Galicia[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

 

Os bacoriños soben un 2,0%

Nos leitóns, partindo de base de 20 kg, a suba acordada foi notablemente maior, un 2,5% até os 50 € para os bacoriños procedentes dunha única explotación e os 45 € para os procedentes de varias.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada